Deporte Galego

Máis de 1.000 escolares desfrutaron en Pontevedra co “13º Día do Baloncesto. 3x3 na rúa”

  • 06 Maio 2014 |

A celebración deste Torneo, organizado este luns polo C.B. Arxil, coincidiu coa última data na que estivo presente en Pontevedra o Road Show da Federación Española de Baloncesto.

Once colexios de Pontevedra, representados por máis de 1000 rapaces, converteron este luns a súa cidade nunha festa do Baloncesto con 31 pistas de xogo a pleno rendemento durante toda a mañá. No centro de atención dous eventos que compartiron espazo e boa sintonía: o Road Show da FEB e a celebración da décimo terceira edición do “Día do Baloncesto. 3x3 na rúa”, organizado por C.B. Arxil.

DSC06092

A Avenida Montero Ríos e a Praza de España foron o escenario principal de ambas as actividades, as cales contaron coa presenza de Fernando Romay, que permaneceu na localidade pontevedresa dende o sábado, 3 de maio; facendo as delicias de todos os xogadores e afeccionados que se achegaron a coñecer o Road Show.

050514 PR FERNANDO-ROMAY PONTEVEDRA OSCARVIFER 137

(Foto:FEB)

Esta actividade itinerante de promoción para a Copa do Mundo 2014, que gozou de elevado éxito de convocatoria, acompañou así durante o luns ao xogo do milleiro de alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria que o C.B. Arxil reuniu coa colaboración de Concello, Deputación de Pontevedra, Federación Española de Baloncesto e Federación Galega, entre outras institucións.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka