Deporte Galego

Concello de Pontevedra e FGB asinan o convenio para o Campionato de España de Clubs Infantil Feminino

  • 30 Abril 2014 |

Esta edición do Campionato de España de Clubs Infantil Feminino estará precedida, esta mesma fin de semana, pola chegada a Ponte-vedra do Road Show FEB.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, asinaron o convenio para a celebración do Campionato de España de Clubs Infantil Feminino, que se celebrará entre o 15 e o 21 de xuño próximos nesta localidade. No acto participaron tamén o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e o delegado zonal da FGB, José Luis Renda.

O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, destacou que a competición esixe unha gran capacidade organizativa porque se celebra en tres instalacións diferentes: o Pavillón Municipal (que será sede única na fase final) e os pavillóns universitario e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva). Participarán un total de 32 equipos de toda España e agárdase a presencia de case 500 xogadoras.

O edil recalcou a importancia dun evento que atraerá á cidade ata unhas 2.000 persoas (entre xogadoras, corpos técnicos, federativos, árbitros e familiares) que pasarán por Pontevedra durante a semana en que se celebran os partidos.

O ambiente de baloncesto comeza a respirarse xa durante esta ponte festiva do 1 de maio, pois a praza de España acollerá o Road Show da Federación Española e farase coincidir co Día do Baloncesto, o tradicional torneo escolar de 3x3 que organiza o Arxil na avenida de Montero Ríos.

Francisco Martín, pola súa banda, agradeceu ao alcalde e ao concelleiro a aposta por traer esta competición a Pontevedra e felicitou a todo o equipo municipal pola intensa programación deportiva que se desenvolve na cidade.

Miguel Anxo Fernández Lores puxo o acento nesta cuestión e recalcou que os eventos deportivos están a xogar un papel crucial para a economía local. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka