Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

novas

c.b. noia

VII Campus "José Ángel Antelo" 26/07/2012

Con bo ritmo avanza a singradura da sétima edición do campus "José Ángel Antelo", organizado polo C.B. Noia e que conta coa colaboración do Concello de Noia, da Federación Galega de Baloncesto e da Deputación da Coruña, entre outras institucións.

Posto en marcha este luns, o día a día no VII Campus está a resultar ben satisfactorio, contando coa participación de xogadores e xogadoras profesionais que acompañan aos máis novos durante as diferentes xornadas. Así, figuras como a do propio Antelo ou a da compostelá Arantxa Mallou repiten experiencia cada ano nesta cita estival do baloncesto noiés.

A actividade dentro deste VII Campus "José Ángel Antelo" estenderase ata o sábado, 28 de xullo, acumulando experiencias positivas que gardar para afrontar con renovados folgos vindeiras edicións.

Antelo cos xogadores máis novos

Antelo cos xogadores máis novos

Arantxa Mallou quixo repetir tamén visita a Noia

Arantxa Mallou quixo repetir tamén visita a Noia


© Federación Galega de Baloncesto 2007