xuño - xullo
Campus de Baloncesto - C.B.Maristas El Pilar 31/05/2012
31/05/2012
O C.B. Maristas El Pilar Vigo organiza o seu Campus Deportivo de Baloncesto, dirixido a todos aqueles nenos e nenas que desexen seguir ligados a este deporte durante o período de vacacións, de entre o 25 de xuño e 6 de xullo, vivíndoo dun xeito formativo e lúdica en horario de luns a venres de 9.30 h a 13.30 h.
O núcleo técnico do campus estará dirixido por tres Adestradores Superiores de Baloncesto con destacada bagaxe deportiva: Vicente Rodríguez "Cholas", Juan Rodríguez Larrán "Larry" e José Miguel González Palacios.
Vicente Rodríguez ("Cholas"):adestrador con ampla experiencia no baloncesto profesional, tendo ao seu cargo a numerosos equipos de formación, adestrador de 1ª División co Real Club Celta (campión de liga e Copa da Raíña), Seleccionador Feminino e adestrador de equipos de 1ª División Masculina.
Juan Rodriguez Larrán ("Larry"): adestrador formado no Colexio Salesianos, e que durante máis de 30 anos participou en numerosos campionatos galegos e de España. Ademais de ampla experiencia en dirixir equipos de categorías de LEB OURO.
José Miguel González Palacios:adestrador con ampla experiencia en formación de xogadores e xogadoras en clubs de alta competición: Extrugasa, Xuven Cambados, R.C. Celta, C.B. Sedis e equipos de Liga EBA.
Grupos e IdadesA Actividade está dirixida a todos aqueles nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 anos e 18 anos. Os grupos de traballo realizaranse en función do nivel deportivo de cada neno, así como pola idade do mesmo. O número de prazas será limitado. A inscrición levará a cabo por rigorosa orde de entrega (día e hora) e pecharase o prazo ao cubrirse todas as prazas. Para calquera dúbida sobre a organización e desenvolvemento do campus:
campusmaristas@hotmail.com ou
600533042.
Prezos
O prezo global do Campus de Baloncesto é de 80 euros. En caso de máis dun irmán no campus, o segundo irmán 50 euros, o terceiro irmán e seguintes participasen gratuitamente.O ingreso da cota de inscrición deberá realizarse a través do seguinte número de conta:
0128 0180 38 0100877922 (Bankinter)