
EBA
Jonathan Otto, novo reforzo para o Peixefresco de Liga EBA 13/10/2010O Club Baloncesto Peixefresco Marín anunciou esta mañá a contratación do xogador Jonathan Otto Schmidt, como novo integrante do seu plantel EBA 10/11.
Schmidt, nado en Nova York (1987), pero con pasaporte irlandés, desputou a súa derradeira temporada na primeira división islandesa no Breidablik, equipo no que realizó uns números de 18 puntos, 4 rebotes e 5 asistencias por partido nos 16 encontros que desputou. Así mesmo, cabe indicar que se formou no college C. W. Post que disputa a NCAA2.
O xogador, que xa se atopa baixo as ordes de Quino Salvo e estará disponible para participar no vindeiro encontro EBA ante o ABO (16/10/10 - 19.30 h), ocupa a posición de escolta e substitúe nese mesma zona ao húngaro Mark Mate, quen se desvinculou do club tras chegar a un acordo co mesmo.
© Federación Galega de Baloncesto 2007