Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

novas

CLUBS

Probas para o baloncesto base do Obradoiro C.A.B. en categoría infantil 06/10/2010

Obradoiro C.A.B informa que realizará probas de captación de novos valores. O equipo compostelán levará a cabo esta iniciativa de cara a poder contar con novos xogadores nos equipos infantís do club na vindeira temporada.

As probas terán lugar este venres, día 8 de outubro, no pavillón de Pontepedriña, de 17.00 h  a 18.30 horas. Para unha correcta execución da actividade, dende o club indícase que os interesados en participar deberán acudir perfectamente ataviados con roupa deportiva (camiseta, pantalón curto e zapatillas de deporte).


© Federación Galega de Baloncesto 2007