A Federación Galega de Baloncesto, a través do seu Comité de Árbitros, contará a vindeira temporada cun total de 6 colexiados no Grupo 1 FEB (Liga Día, LEB Oro e Leb Prata) e 12 no Grupo 2 FEB (LF2 e EBA).
Estas cifras complétanse unha vez feito público este luns, 16 de xullo; por parte da propia FEB o listado de colexiados que conformarán o seu Grupo 2, ámbito ao que por parte galega ascenden nesta nova temporada tres colexiados: Adrián Álvarez (Vigo), Ivan Escariz (Arousa) e Daniel López (Lugo).
Co seu salto de categoría, que se suma ao ascenso xa anuciado en pasadas datas dos seus compañeiros Laura Piñeiro e Crisitian Martín ao Grupo 1 FEB; a lista referencia dos colexiados galegos en ambos os dous grupos queda como segue:
Grupo 1
Adrián Iglesias
Paula Lema
Cristian Martín (ascenso nesta temporada 2018 – 2018)
Daniel Pazos
Laura Piñeiro (ascenso nesta temporada 2018 – 2018)
Guillermo Rios
Grupo 2
Adrián Álvarez (ascenso nesta temporada 2018 – 2018)
Jaime Álvarez
Mauro Araque
Elio Clavería
Pedro Coladas
Diego Domínguez
Ivan Escariz (ascenso nesta temporada 2018 – 2018)
Daniel López (ascenso nesta temporada 2018 – 2018)
Selene Pérez
Roi Rilo
Manuel Andrés Seijo
Martín Trasancos