Deporte Galego

Galicia dobra presenza nas designacións oficiais para a Copa do Rei

  • 03 Febreiro 2014 |
Miguel Ángel Pérez e Carlos Cortés (Foto: ACB Click)
Miguel Ángel Pérez e Carlos Cortés (Foto: ACB Click)

Galicia convértese unha temporada máis nunha das Comunidade Autónomas, xusto por detrás de Andalucía, e compartindo cifra con Cataluña, que máis colexiados aporta á unha cita tan especial como é a Copa do Rei, competición que celebra este ano en Málaga a súa 78 edición.

Os galegos Miguel Ángel Pérez (Director Técnico do CGAB, internacional FIBA e na súa décimo cuarta temporada en ACB) e Carlos Cortés (internacional FIBA e con oito temporadas ACB xa no seu haber) renovan un ano máis a súa designación por parte da Asociación de Clubs de Baloncesto para formar parte da lista de 12 árbitros que dirixirán, entre os días 6 e 9 de febreiro, os sete encontros da Copa do Rei.

Con esta nova designación, Pérez Pérez e Cortés suman un total de dez e catro participacións, respectivamente, no torneo do KO por excelencia do Baloncesto Español; evento no que, desta volta; estarán acompañados por: Antonio Conde (Andalucía), Daniel Hierrezuelo (Andalucía), Benjamín Jiménez (Andalucía), Jose A. Martín Beltrán (Cataluña), Óscar Perea (Cataluña), Emilio Pérez Pizarro (Castilla La Mancha), Carlos Peruga (Aragón), Juan Carlos García González (País Vasco), Vicente Bultó (Castilla León) e Fernando Calatrava (Valencia),

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka