Deporte Galego

O CGAB recolle boas sensacións tras o I ciclo de charlas técnicas para oficiais de mesa

  • 02 Febreiro 2012 |
Alejandro Alcalde
Alejandro Alcalde

O CGAB vén de pechar o seu I ciclo de charlas técnicas dirixidas en exclusiva ao colectivo de oficiais de mesa. En total foron sete encontros, un por cada delegación zonal, que co obxectivo de unificar criterios foron tutelados por Alejandro Alcalde.

No mundo do Baloncesto dende os anos oitenta, colaborador habitual do CGAB e comisario en ACB actualmente, Alcalde transmitiunos as sensacións recollidas tras percorrer Galicia coñecendo de primeira man as inquedanzas dos que son os seus compañeiros.

Actualizar as "rutinas"
O "prepartido", o "propio encontro" e o "final" do mesmo. As tres etapas da labor dos oficiais en pista protagonizaron cada unha das charlas. Alcalde, experimentado neste traballo, fixo ver aos oficiais a necesidade de actualizar e revisar estas "rutinas". Sobre as mesmas, os asistentes presentaron as súas dúbidas. De todas elas, e coa reflexión grupal, extraeuse, como indica Alcalde, que se trata de "cuestións básicas que, ás veces, por ser tan básicas déixanse de lado" e é preciso renovar.

A relación directa dos oficiais cos colexiados, cos que é recomendable "conversar antes dos encontros", e o repaso da normativa, foron tamén alicerces da estrutura dunhas charlas que deixaron bo sabor de boca entre todos os partícipes.

Accións de futuro
As xornadas de unificación de criterios foron "un primeiro paso", unha acción específica para o colectivo para o que "nunca a nivel galego se fixera algo así".Con vistas ao futuro, dende o CGAB trabállase agora por poder ofrecer novas oportunidades deste tipo. Na mente e no ánimo dos seus responsables está, como avanza Alcalde, intentar "fomentar que os membros de distintos comités podan xuntarse, compartir experiencias" e "ver como se traballa en cada un dos lugares" .

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka