Deporte Galego

O CGAB materializa a súa vinculación directa con "la Caixa"

  • 06 Febreiro 2012 |
Juan Ignacio Domínguez recibiu o detalle da camiseta das mans do propio Miguel Ángel Pérez
Juan Ignacio Domínguez recibiu o detalle da camiseta das mans do propio Miguel Ángel Pérez

"la Caixa" é nesta 2011 - 2012 o sponsor principal das diferentes actividades deportivas e formativas da Federación Galega de Baloncesto e do seu Comité de Árbitros. A súa presenza ao carón das seleccións galegas ou no día día dos árbitros sobre a pista é xa habitual.

O Director do Comité Galego de Árbitros (CGAB), Miguel Ángel Pérez, visitou esta fin de semana as instalacións de "la Caixa" na cidade de A Coruña, intre que aproveitou para valorar cos dirixentes desta entidade a relación de patrocinio que a FGB mantén coa mesma dende o inicio desta temporada.

En concreto, Miguel Ángel reuniuse con Juan Ignacio Domínguez, responsable de Banca de Particulares, con quen departiu sobre as diferentes accións formativas que están a desenvolverse actualmente tanto na FGB como no CGAB e das que "la Caixa" é partícipe como principal apoio. De esta conversa, o resultado foron boas sensacións e mellores perspectivas.

O director técnico do CGAB aproveitou ademais este encontro para facer entrega dun pequeno detalle que simboliza a unión das dúas institucións. Unha mostra do novo modelo de camiseta dos nosos árbitros, que recolleu o propio Juan Ignacio Domínguez, serviu como agasallo para selar unha vinculación que agardemos que se prolongue no tempo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka