Deporte Galego

Cristina García, nova colexiada galega para a liga EBA

  • 07 Febreiro 2012 |
Cristina dirixindo un encontro no recente Campionato de España Infantil e Cadete
Cristina dirixindo un encontro no recente Campionato de España Infantil e Cadete

Galicia incorpora esta mesma semana un novo activo á súa nómina de representantes do Comité Galego de Árbitros en liga EBA.Se ao comezo desta temporada 2011 - 2012 a nosa Comunidade Autónoma contaba xa con 11 árbitros nesta categoría, a partir desta mesma semana esa cifra aumenta, coa vinculación a esta categoría, por parte do Comité de Árbitros da FEB, de Cristina García, de 22 anos de idade e adscrita ao CGAB dende ben nova.

Tras a súa boa participación no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadetes e Infantís celebrado en Valladolid o pasado mes de xaneiro, na tarde deste luns Cristina recibiu a grata nova da súa primeira designación para o que suporá o seu debut en categoría EBA.

Esta corresponde, en concreto, ao vindeiro domingo, 19 de febreiro, data na que vivirá a súa estrea nunha liga oficial FEB co encontro Estudiantes Lugo - Recinor Ferrol. Cristina, á que, por suposto enviamos os nosos parabéns polo seu bo traballo no que vai de temporada, refrendado con esta vinculación a unha nova categoría, compartirá pista nesta cita con outro galego, David Posada.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence