Deporte Galego

Traballo e concentración: claves previas para os colexiados galegos designados nos Campionatos de España

  • 12 Maio 2012 |
Os colexiados visionaron e analizaron diferentes xogadas
Os colexiados visionaron e analizaron diferentes xogadas

O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez, reuniu na tarde deste venres á decena de colexiados galegos que están a piques de iniciar a súa participación nos diferentes Campionatos de España de Clubs.

Na sede da FGB en Santiago, o total dos árbitros designados para esta empresa realizaron unha posta en común do traballo teórico que, en grupos, levan elaborando dende que coñeceron a boa nova da súa presenza nas citas nacionais.

Da man de Miguel Ángel Pérez repasaron e actualizaron conceptos puntuais e desenvolveron as súas impresións sobre determinadas accións e decisións ás que se poden enfrontar na pista de xogo.

A parcela física non quedou á marxe. Unha vez cumprimentado o nivel teórico puxeron rumbo ao Pavillón para levar a cabo os controis e test habituais.

Inminente inicio
O deste venres é o chanzo previo dunha experiencia deportiva da que os dez colexiados galegos poderán recoller a maior aprendizaxe posible, cada un deles localizado nun punto concreto da xeografía española. Así, lembramos a súa distribución exacta para os diferentes Campionatos de España. O primeiro deles arrinca xa este domingo, 13 de maio.

Campionato de España Júnior Feminino (Zaragoza) - do 13 ao 19 de maio
Diego Domínguez Portas (EBA).

Campionato de España Cadete Masculino (Marín, Pontevedra) - do 27 de maio ao 2 de xuño
Fran Huete Salcedo (EBA), Cristina García Fernández e Luis Rivadulla Boente.

Campionato de España Cadete Feminino (Aragón) - do 27 maio ao 2 de xuño
Patricia Díez Cabaleiro e Saray Fornos.

Campionato de España Infantil Masculino (Vecindario, Gran Canaria - do 17 ao 23 de xuño)
Cristian Martín Vázquez (EBA) e Luis Estévez Estévez

Campionato de España Infantil Feminino (Lanzarote) - do 17 ao 23 de xuño
Adrián Gallego Cid (EBA) e Alejandro Pérez Freire.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence