Deporte Galego

Chega o Clínic de Nadal do Comité Galego de Árbitros

  • 03 Xaneiro 2014 |
Chega o Clínic de Nadal do Comité Galego de Árbitros
Carlos Sánchez Monserrat e Rubén Sánchez Mohedas (Foto: ACB)

- Tres destacados profesionais da ACB, encabezados polo propio Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Perez; guiarán os contidos desta convocatoria, establecida para este sábado, catro de xaneiro.

- Os colexiados Carlos Sánchez Montserrat e Rubén Sánchez Mohedas, convidados de excepción, completan o cadro de relatores da cita, que reunirá a un total de 45 árbitros do Grupo 1 CGAB.

O Comité Galego de Árbitros abre o ano 2014 coa celebración do seu xa habitual Clínic de Nadal, actividade a celebrar este sábado, catro de xaneiro, e para a que están convocados a totalidade de colexiados galegos do Grupo 1.

As instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en Santiago de Compostela, servirán de perfecto escenario para este Clínic, cuxo peso específico correrá a cargo do Director Técnico do Comité Galego de Árbitros e Colexiado ACB e Internacional FIBA, Miguel Ángel Pérez.

O responsable dos colexiados autonómicos dirixirá as diferentes ponencias teórico-prácticas que centrarán a atención da xornada e farao acompañado por dous convidados de auténtico nivel, os dous colexiados ACB: Carlos Sánchez Montserrat e Rubén Sánchez Mohedas.

Tanto Sánchez Monserrat, con 17 temporadas na competición; como Sánchez Mohedas, actual Coordinador Xeral da Federación Guipuzcoana de Baloncesto e con 4 temporadas en ACB no seu haber; participarán de diferentes exposicións e debates, compartindo cos compañeiros galegos numerosas perspectivas e matices do seu traballo.

Probas Físicas, exercicios teóricos e prácticos, os imprescindibles test de regras e aclaratorias proxeccións audiovisuais cubrirán a maiores o programa deste Clínic, cuxo comezo está previsto ás 09:30 h para avanzar baixo a seguinte orde:

09:30 h PRESENTACIÓN

09:45 h TEST DE REGRAS

10:30 h PROBAS FÍSICAS

11:15 h RESUMO TÉCNICO DE METADE DE TEMPORADA

12:00 h DESCANSO

12:15 h CONTROL DE PARTIDO (EXPOSICIÓN DE TRABALLOS)

13:30 h DESCANSO

13:45 h CONCLUSIÓNS

14:30 h XANTAR

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka