Deporte Galego

A Relación de Adestradores e Xogadores co estamento arbitral, a análise en Lugo

  • 20 Decembro 2013 |
(Foto: Pablo Romero / FEB)
(Foto: Pablo Romero / FEB)

Lisardo Gómez, adestrador do CB Breogán; Javier Muñoz, adestrador do Durán Maquinaria Ensino; e Esteban Gómez, ex-xogador do CB Breogán e Estudiantes de Lugo serán os protagonistas dunha charla (23 de decembro, en Lugo) na que debater en torno a esta temática. 

O Comité Galego de Árbitros de Baloncesto, a través do seu zonal en Lugo, volve así a apostar de novo por este formato de coloquio para tratar temas de actualidade que afectan ao seu colectivo en relación cos restantes actores do Baloncesto.

Neste caso, e elixindo como data o próximo 23 de decembro (ás 19.00 h no Salón de actos da Casa do Deporte, en Lugo) os integrantes do Comité Lucense poderán participar dunha actividade de intercambio de opinións na que levarán o peso tres profesionais destacados do panorama actual do baloncesto lucense: Lisardo Gómez, adestrador do CB Breogán; Javier Muñoz, adestrador do Durán Maquinaria Ensino; e Esteban Gómez, ex-xogador do CB Breogán e Estudiantes de Lugo, así como adestrador de baloncesto base.

Os tres relatores ofrecerán a súa particular exposición das experiencias vividas en relación co estamento arbitral ao longo da súa traxectoria. Deste xeito, trasladarán súa visión persoal, que poderán completar tamén con anécdotas curiosas. Expoñer puntos a mellorar segundo o seu parecer, e ante os cales os asistentes poderán formular preguntas, será parte importante desta cita.

O obxectivo xeral da convocatoria, aberta á participación de todo aquel que o desexe, é o de relacionar aos tres compoñentes básicos do deporte da canastra: adestradores, xogadores e colectivo arbitral; intentando así coñecer as distintas ideas do xogo desde cada unha destas facetas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka