Deporte Galego

O CGAB recoñece a Luis Balboa pola súa traxectoria arbitral

  • 13 Setembro 2012 |

A Federación Galega de Baloncesto e o seu Comité de Árbitros terán este sábado, 15 de setembro, unha mostra de recoñecemento para Luis Balboa, colexiado galego que acometeu a súa retirada das pistas ao remate da recente temporada 2011 - 2012.

Balboa, ourensán de nacemento, recibirá unha sincera homenaxe por parte da FGB e do CGAB. Un detalle de gratitude que se materializará esta sábado, no descanso do encontro final da XXVII Copa Galicia Sénior Masculina, a celebrar, precisamente na cidade das Burgas.

Deste xeito, os representantes da FGB e Comité de Árbitros queren agradecer a Luis Balboa o seu empeño e esforzo ao longo de toda a súa carreira arbitral, unha traxectoria cargada de boas experiencias.

No 2001 iniciou a súa etapa neste mundo da arbitraxe. Durante este tempo estivo tres anos en categoría Provincial, seis en Autonómica e dúas no Grupo 2 FEB. Así mesmo, tivo a ocasión de participar en diferentes Fases Finais Autonómicas e de representar a Galicia nos dous Campionatos de España de Seleccións Autonómicas da temporada 2009/10.

Na actualidade, e tras facer xa efectiva a súa retirada na 2011 - 2012, realizará labores de informador técnico para o propio Comité Galego.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka