Deporte Galego

A Delegación de A Coruña, segunda en activar a formación de iniciación á arbitraxe

  • 24 Setembro 2012 |

Tras a primeira convocatoria deste tipo celebrada en Vigo a primeros de mes, a Delegación de A Coruña protagoniza a partir deste luns o segundo Curso de Iniciación dirixido a árbitros e oficiais de mesa da vixente temporada. Unha actividade progamada polo Comité Galego de Árbitros dentro do seu planning de traballo 2012 - 2013.

O curso en cuestión, que se desenvolve dende esta tarde nas instalacións da propia Delegación de A Coruña, estenderase ao longo do propio luns 24, martes 25, xoves 27 e venres 28 de setembro, de 19.30 h a 21.30 h.

O mesmo, conta coas características propias da nova organización deste tipo de accións formativas dentro da disciplina do CGAB, cunha carga lectiva de 20 horas teórico/prácticas e unha cota de inscrición de 10 euros. Un proceso, en xeral, do que todos os interesados poden consultar máis datos poñéndose en contacto cos diferentes comités zonais. Na seguinte ligazón especifícanse as referencias de cada un deles.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka