Deporte Galego

A Delegación de Santiago convoca un novo curso de iniciación á arbitraxe

  • 26 Setembro 2012 |

O Comité Galego de Árbitros mantén alto o ritmo de actividades formativas proxectadas para o período setembro - outubro, promovendo, en primeira instancia, as labores de captación e o bloque de actividades no ámbito da iniciación.

Nesta liña, e materializándose como a terceira convocatoria deste tipo no que vai de temporada, a Delegación de Santiago pon en marcha un novo curso orientado a todos aqueles interesados en entrar na dinámica da arbitraxe.

O mesmo, cuxo proceso de inscrición está xa aberto, estenderase, de xeito escalonado, de entre o tres ao 30 de outubro (de 19.00 h a 21.00 h), adaptando neste tempo as 20 horas teórico-prácticas que esixe o nivel de iniciación.

Cumprindo co requisito dunha cota previa de participación de 10 euros, os alumnos tomarán parte dun completo programa de materias, ao que dará inicio o propio Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez. A axenda de datas, e a relación de aulas e responsables de impartilas pode consultarse aquí.

Inscrición: información e contacto
Lembramos os datos de contacto do CGAB na súa delegación en Santiago, ao que os interesados poden dirixirse para solicitar información e tramitar a inscrición no curso.

Comité Zonal de Santiago
Estadio Multiusos de San Lázaro - Porta 14
Santiago de Compostela, C.P. 15707
Teléfono:981.585 040
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka