Deporte Galego

O Comité Galego de Árbitros activa a formación “on line”

  • 01 Octubre 2012 |

- O CGAB amplía as vías polas que calquera interesado en formarse como colexiado ou oficial de mesa pode materializar as súas gañas de aprender.

Salvar as distancias. Ese é o recente obxectivo do Comité Galego de Árbitros que, disposto a achegar a formación en arbitraxe a través dun só click, pon en marcha unha nova edición do seu Curso ON LINE.

Co único requisito de dispoñer de ordenador e conexión a Internet, calquera persoa coa intención de converterse en árbitro ou oficial de mesa atopará nesta nova convocatoria "on line" todas as facilidades ao seu alcance. Xestionando a conexión a través dun enderezo electrónico, cursaranse un total de 14 horas, distribuídas en dúas semanas, rendabilizando todas as posibilidades que Internet ofrece e recibindo, por suposto, a titorización axeitada.

Flexibilidade horaria
O CGAB ofrece unha plataforma na que adaptar a aprendizaxe ao ritmo de vida actual. A flexibilidade horaria é a premisa principal da que os futuros árbitros e oficiais poderán botar man para optimizar o seu tempo, en función das súas necesidades.

Estableceranse dúas quendas diferentes, repartíndose unha en horario de mañá e outra en horario de tarde, e repetindo materia en cada tanda. Permitindo así a cada usuario escoller opción.

A presenza física dos alumnos unicamente será necesaria en tres sesións en cancha (6 horas en total), establecéndose como pistas de traballo as marcadas polas diferentes delegacións zonais FGB. Así mesmo, avaliación dos coñecementos virá da man dun test on line e dunha imprescindible proba física, ambos de carácter non eliminatorio.

Programación
A condición especial do Curso non fai variar a programación de aulas, nas que se trasladarán as mesmas nocións que recibe calquera alumno dos cursos tradicionais. Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral, entre outras, serán as materias sobre as que afondar.

Inscrición
Para ser parte desta nova experiencia "on line" do CGAB os interesados dispoñen de dúas vías de inscrición, sendo sempre 20 o número mínimo e indispensable de alumnos cos que se dará inicio a cada curso.

Así, desde este mesmo intre, permanecen activos para tal fin: o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB. En ambos casos, os inscritos deberán achegar o xustificante de pago da cota actual dos cursos de iniciación do CGAB: 20 euros, a ingresar de xeito previo ao curso na conta 2100 1455 11 0200136257 (la Caixa).

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka