Deporte Galego

A Área de Saúde FGB, apoio para o traballo dos colexiados galegos

  • 31 Octubre 2012 |

O Comité Galego de Árbitros, en colaboración coa Área de Saúde da FGB, pon en marcha un novo servizo orientado a todos os seus colexiados e que lles abre novas posibilidades de ampliar a súa formación e mellorar a súa práctica deportiva.

O CGAB activa unha plataforma de consulta para todos os árbitros galegos, os cales poderán enviar a partir deste mércores, e a través dunha dirección de correo específica, Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., todas aquelas dúbidas de carácter físico e relacionadas coa saúde, sempre que afecten ao desenvolvemento do seu traballo en pista.

As preguntas enviadas atoparán resposta a través da recente sección desta web Área de Saúde - Zona de Dúbidas, espazo para informarse e no que se publicarán de xeito continuo os ditames da Área de Saúde ante as preguntas propostas polos colexiados galegos.

O Comité Galego de Árbitros dá saída así a un servizo demandado polos propios colexiados dende o inicio desta temporada 2012 - 2013.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka