Deporte Galego

Segunda convocatoria para a formación "on line"

  • 09 Xaneiro 2013 |

O Comité Galego de Árbitros pon en marcha a segunda edición do seu Curso de Iniciación "On Line" para novos árbitros e oficiais de mesa. Éste dará comezo o vindeiro 17 de xaneiro, co prazo de inscrición aberto ata o luns, día 14.

Tras o éxito e alto índice de satisfacción recollido no primeiro destos cursos, celebrado en novembro do pasado 2012, o Comité Galego de Árbitros renova a súa convocatoria para a formación de iniciación de carácter "on line".

Ofertando dúas posibilidades horarias, de cara a facilitar o acceso á formación de todos os interesados, o CGAB mantén as carácterísticas deste tipo de cursos, cos que pretende salvar as distancias xeográficas e abrir o abano de posibilidades para a aprendizaxe.

Esta segunda edición do curso "on line" dará comezo o 17 de xaneiro, permitindo ata o día 14 a posibilidade de tramitar a inscrición.

A programación do curso, así como o formulario preciso para poder solicitar a participación, poden consultarse nos documentos que se achegan. Así mesmo, a información detallada sobre os requisitos (inscrición, reparto horario e necesidades presenciais) deste tipo de formación poden consultarse aquí.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka