Deporte Galego

A Federación Galega de Baloncesto asina un acordo con ERIC SPORTS para a transparencia na Arbitraxe

  • 31 Agosto 2021 |

A Federación Galega de Baloncesto asinou o pasado sábado, 28 de agosto; un acordo coa tecnolóxica ERIC Sports, co fin de dotar ao sistema de arbitraxe do seu Comité Galego de Árbitros de ferramentas que permitan mellorar a obxectividade e transparencia na arbitraxe.

Este acordo nace da vontade da federación de persistir no traballo de mellora continua de todos os ámbitos do seu apartado arbitral, na mesma liña de traballo na que está a apostar FIBA, tamén con ERIC Sports como aliado dixital.

A través dunha plataforma de vídeo análise e xeración de estatísticas para a toma de decisións, desde a Federación Galega de Baloncesto contribuirase a mellorar as designacións de árbitros e a configurar un repositorio de datos que permita crecer, temporada tras temporada, fixando uns criterios obxectivos de excelencia na arbitraxe galega.

ERIC Sports é unha empresa tecnolóxica con sede en Barcelona e con 15 anos de experiencia no sector ofrecendo solucións de xestión, planificación, analítica de vídeo, big data, intelixencia artificial e machine learning aplicado ao deporte. Provedores oficiais de tecnoloxía do sistema de arbitraxe da FIBA, este paso xunto á Federación Galega de Baloncesto achega a Galicia os máis esixentes estándares de excelencia marcados pola federación internacional.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka