Deporte Galego

En marcha, entre as mellores sensacións, o II Curso "on line" do CGAB

  • 22 Xaneiro 2013 |

A segunda edición do Curso "on line" do Comité Galego de Árbitros avanza coa mellor das perspectivas posibles. Sumando desta volta un total de 43 alumnos, dobrando o índice de participación da súa anterior convocatoria, os novos aspirantes a árbitros e oficiais de mesa arrincaron o pasado día 17 esta experiencia, da que, dende o inicio, non dubidan en louvar a súa "flexibilidade horaria" e "comodidade" á hora de afrontar as aulas.

Aos mandos do curso, como director do mesmo, atópase o colexiado compostelán Xesús Pena, que define o espírito recollido ata o momento nas primeiras clases virtuais. "Intentamos que as clases, pese a ser on line sexan o más abertas e participativas posibles. Tamén que os futuros árbitros e oficiais traballen á vez, considerando a árbitros e oficiais como un só equipo."

O bo ritmo das aulas apóiase ademais nun temario completo, materializado grazas a unha plataforma virtual de alta calidade. As videoconferencias son a clave dun proceso no que se conta tamén coa colaboración de experimentados colexiados como o actual técnico FEB Vicente Sanchís.

Trátase dunha equilibrada combinación entre o factor humano e as vantaxes que a rede permite. Un conxunto a disposición dun alumnado que, tal e como recoñece Xesús Pena, "chega a esta nova modalidade formativa movido pola curiosidade en torno ao traballo arbitral e ao coñecemento das regras" . Así mesmo, a elevada porcentaxe de participantes que non tiveron un contacto previo co baloncesto anteriormente combínase con adestradores e xogadores que desexan ampliar, sen necesidade de moverse da casa, o seus horizontes dentro deste mundo da canastra.

Todos eles completarán a finais deste mes a súa formación teórica. Posteriormente chegará a súa proba en pista, unha oportunidade presencial de amosar e reforzar o aprendido

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka