Deporte Galego

O traballo sobre criterio arbitral CGAB, máis preto de todos

  • 03 Decembro 2020 |

O Comité Galego de Árbitros inicia unha nova actividade técnica co obxetivo de compartir os criterios establecidos para certas xogadas das nosas competicións que poidan xerar dúbidas. Esta iniciativa nace coa intención de ser aberta, ademais de aos propios colexiados e oficiais do CGAB, a todos os federados e afeccionados que desexen consultalas.

As indicadas xogadas, que actualmente son xa analizadas, compartidas e discutidas nun grupo oficial de WhatsApp dos propios árbitros CGAB de Grupo 1, Dispoñible e Sub23, así como cos responsables arbitrais de cada delegación FGB; pasarán agora tamén a ser públicas na canle oficial de Instagram do propio Comité Galego de Árbitros, achegando así, de xeito directo e ao alcance de todos, máis e mellores ferramentas para lograr a unificación de criterios, tanto en situacións de xogo como noutras relacionadas co traballo dos oficiais de mesa.

Cun período quincenal ou mensual, compartiranse deste xeito clips de xogadas que poden xerar debate, acompañadas da súa resolución oficial de criterio para que todos as poidan ver, e comentar se o desexan. A estrea das primeiras pezas dase este mesmo xoves, no que publicamos as primeiras propostas para a súa consulta. Descúbreas AQUÍ. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka