Deporte Galego

O Clinic de Pretemporada CGAB adapta o seu formato á situación sanitaria

  • 15 Agosto 2020 |

O Comité Galego de Árbitros abre a temporada 2020 - 2021 coa convocatoria do seu Clínic de Pretemporada. Esta actividade, xa tradicional, celebrarase alternativamente os vindeiros 29 e 30 de agosto e farao marcada pola realidade sanitaria, ofrecendo un formato diferente ao de anteriores anos.

Co obxectivo primordial de poder cumprir os protocolos sanitarios pertinentes, a edición 2020 do Clínic dividirase en tres localizacións diferentes e alternará contido online e parte presencial, sempre que a situación sanitaria e as directrices das institucións pertinentes o permitan nesas datas. Lugo (o 30 de agosto), Santiago e Vigo  (o 29 de agosto en ambos os casos) son as tres sedes elixidas. Nelas repartiranse por proximidade xeográfica os 68 árbitros que integran os Grupos 1, Dispoñibles do Grupo 1 e Grupo Sub 23 do propio CGAB.

O Clinic contará coas actividades básicas de cada pretemporada en torno a criterios técnicos e probas físicas, a realizar en cada sede segundo as posibilidades sanitarias; e sumará tamén a presenza virtual de dous relatores de alto nivel, o adestrador Javier Juárez (09.45 h) e o Instrutor Nacional FIBA, e Ex árbitro FIBA e ACB, Miguel Ángel Pérez Niz (11.00 h)

O adestrador Javier Juárez, con experiencia ACB en UCAM Murcia e Campión de España Júnior co Real Madrid e con traxectoria en Seleccións Españolas de base porá toda a súa experiencia e visión gañadora para falar da “evolución da arbitraxe dende categorías de formación ata a elite” a través da súa perspectiva. Pola súa banda, Pérez Niz explicará os "Cambios producidos nas Regras FIBA 2020".

Para ambas as intervencións, o CGAB reservará a maiores ata 50 prazas para adestradores de clubs FGB que desexen acceder virtualmente. A participación neste caso poderá solicitarse vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. a partir do luns, 17 de agosto; e aceptaranse as peticións por estrita orde de chegada e ata completar a cifra inidicada de 50 persoas.

Oficiais de mesa
Os oficiais de mesa CGAB serán tamén protagonistas do seu propio Clínic, deixando neste caso a súa actividade para o domingo, 30 de agosto; e realizándoa integramente online. Con eles tamén estará virtualmente Pérez Niz e traballarán cuestións relativas á acta dixital FEB e FGB e á unificación de criterios.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka