Deporte Galego

O CAGB activa seminarios formativos Online de carácter internacional

  • 14 Abril 2020 |

O CGAB continúa a xerar actividade a nivel formativo. O Comité Galego de Árbitros pon en marcha esta semana un rolda de seminarios online nos que porá en contacto a todos os integrantes do Comité con profesionais da arbitraxe do máis alto nivel.

Rendabilizando o valor que as novas tecnoloxías están tomando didácticamente nestes días de confinamento, o CGAB estrea este mércores, 15 de abril (20.00 h) esta nova iniciativa reunindo nunha primeira sesión virtual a todo o seu colectivo co árbitro puertorriqueño e internacional FIBA, José Anibal Carrión.

Carrión, primeiro convidado internacional destes seminarios, conta cun currículo arbitral impresionante no que destacan as súas casi 30 temporadas na NCAA en Estados Unidos e na Liga Superior de Puerto Rico, a súa participación en tres Olimpiadas (Atenas 2004, Pekín 2008 e Londres 2012) e dous Campionatos do Mundo (Xapón 2006 e Turquía 2010), entre outros grandes eventos deportivos.

A temática da súa ponencia online será: "O partido gáñase no vestiario" e estará acompañado na mesma polo Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez; quen moderará todas as sesións. 

Participación e Calendario 
Os integrantes do CGAB recibirán vía mail as instruccións para poder participar desta primeira charla, que abrirá un calendario de citas de auténtico nivel que xa podemos adiantar:

17/04/20
Contaremos con Germán Morales; Director de Arbitraxe da Federación Andaluza e cun gran percorrido nas competicións FEB: árbitro máis veterano da competición onde dirixiu innumerables finais de Liga LEB,Liga Feminina, Copa Príncipe, Copa da Raíña, etc, e cunha gran experiencia de máis de 35 anos na arbitraxe. O tema que tratará: "Control de partido e relación cos participantes. 

21/04/20
O convidado nesta ocasión será Michel Pérez Niz, Instrutor FIBA, Membro da Comisión Técnica Mundial de FIBA, ex-árbitro ACB e FEB durante un total de máis de 35 tempadas. Michel é un recoñecido estudoso das Regras de Xogo recoñecido a nivel nacional e internacional. O tema que tratará será a "Evolución das Regras FIBA".

23/04/20
O protagonista será Olegs Latisevs, árbitro internacional FIBA e Euroleague de Letonia con 17 anos de experiencia internacional. Olegs participou en 8 Final Fours Euroleague, dúas Olimpiadas (Londres 2012 e Río 2016), Campionatos do Mundo (Turquía 2010, España 2014) e varios Eurobaskets. É un dos árbitros máis recoñecidos a nivel europeo e mundial. O tema que tratará será: " Body Language / Linguaxe Corporal".

24/04/20
Mesa redonda oficiais de mesa (Oficiais de Mesa Internacionis y ACB, Comisario ACB, Oficiales ACB, etc,..). para "Análisis da labor dos oficiais de mesa en diferentes categorías: desde a base ata a élite"

27/04/20 
John Gobble (USA, Árbitro NBA, 12 temporadas, casi 800 partidos, 78 partidos de play offs, 4 finales). "A arbitraxe NBA, Game- Management" Visitaranos desde Miami John Gobble. Viste a camiseta co número 30 na NBA onde leva dirixidos case 800 partidos nas súas 12 tempadas na liga. Gobble dirixiu 78 partidos de play offs na mellor competición de baloncesto do mundo e dirixiu 4 partidos en finais de play offs. Unha oportunidade única de coñecer a un árbitro NBA .

28/04/20
Cristián Maranho (Brasil, Final XXOO Londres 2012, Final Copa do Mundo China 2019, Final Eurobasket Turquía 2017, 3 XXOO (e designado para os cuartos en Tokio) e 4 Campionatos do Mundo) falaranos do "Criterio na arbitraxe; equilibrio e consistencia".

 

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka