Deporte Galego

A "Aula Formativa do adestrador" retoma a actividade

  • 19 Febreiro 2020 |

Estrea para o formato “Aula Formativa do Adestrador” 2019 - 2020. No ecuador da temporada, a Área Deportiva FGB reactiva as súas convocatorias didácticas puntuais a nivel autonómico celebrando en Vigo o vindeiro martes, 25 de febreiro, a primeira “Aula Formativa” do presente ano.
O Pavillón de Navia será a sede desta cita, contando para levala a cabo coa colaboración do CB Seis do Nadal e abrindo a súa participación a todos os adestradores e adestradoras que o desexen.

O programa da “Aula” cubrirá toda a tarde do indicado martes a través das intervencións de Javier Peinó e Alex Gómez, técnicos ambos que teñen experiencia como Seleccionadores e en dinámica de clubs e que, neste caso, porana a disposición de todos os que se acheguen a escoitalos e departir con eles sobre estas dúas parcelas temáticas concretas:

(17.00 h) Javi Peinó (Seleccionador Galego Infantil Masculino)
“Propostas Defensivas para a evolución do xogador”

(19.00 h) Álex Gómez (ExSeleccionador Andaluz Minibasket Feminino)
“Anticipar o xogo dinámico de ataque en formación”

Inscrición
Todos os adestradores e adestradoras interesadas en participar poden solicitar a súa inscrición vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando: datos persoais, club de procedencia e aula específica a que se desexa asistir, datos importantes á hora de poder contar coa posterior validación formativa desta actividade, a cal sumará 8 horas de Formación Complementaria sempre que se asista á xornada completa. O prazo para remitir estas solicitudes vence o luns, día 24 de febreiro, ás 13.00 h.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka