Deporte Galego

A ESGAR retoma as aulas

  • 27 Novembro 2019 |

Segunda sesión da temporada na ESGAR. A Escola Galega de Árbitros da Federación Galega de Balocnesto regresa a acción e sumará este xoves, 28 de novembro; a súa segunda convocatoria da 2019 – 2020.

ESGAR 2019 - 2020: Galería de Imaxes

 

Composta por un total de 22 colexiados de entre 14 e 23 anos de idade, a ESGAR celebra o último xoves de cada mes, e así o fara ata o vindeiro maio de 2020, unha sesión de catro horas nas que combina formación teórica e práctica, dirixida en ambos casos polo colexiado ACB, Jacobo Rial.
Os alumnos e alumnas da Escola, todos eles árbitros con ampla proxección, desprázanse desde toda Galicia ata Santiago de Compostela para tomar parte destas aulas, que teñen como sede fixa o Instituto Eduardo Pondal.


A maiores da formación específica que recibirán, os 22 integrantes da ESGAR participarán, como peche de curso, na Fase Final das Ligas Preminibasket e Minibasket FGB, cita colofón de temporada.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka