Comeza o curso na "Escola Galega de Árbitros"

Xoves, 25 Octubre 2018 15:22

27 novos talentos da arbitraxe iniciaron o venres, 26 de outubro; en Compostela unha nova aventura formativa. 4 colexiadas e 23 colexiados de diferentes puntos de Galicia, todos entre os 14 e o 23 anos de idade, estrearon curso na Escola Galega de Árbitros de Baloncesto (ESGAR), proxecto que neste 2018 cumpre o seu cuarto ano de vida.

Presentación ESGAR 2018 - 2019: Galería de Imaxes

Con sede física no colexio “San José de Cluny”, en Santiago de Compostela, o Comité Galego de Árbitros reuniraos unha vez ao mes ao longo de toda esta temporada co obxectivo de ofrecerlles unha formación continua e excepcional guiada por solventes profesionais do baloncesto, tanto do propio ámbito da arbitraxe como da práctica do baloncesto en xeral.

Este marco de actuación “ESGAR” concentrará un total de oito convocatorias presenciais, sumándolles ás mesmas a posibilidade de designar aos alumnos en torneos e fases finais de competicións oficiais FGB, citas nas que poderán seguir traballando o establecido, de xeito teórico e práctico, nas aulas.

Estrea “ESGAR”
A sesión inaugural de toda esta estrutura “ESGAR” tivo lugar na tarde do pasado venres, 26 de outubro; contando coa guía do Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez Pérez; e o Xefe de estudos da Escola, o colexiado galego ACB, Jacobo Rial. Así mesmo, acompañando aos alumnos estiveron tamén o presidente da FGB, Francisco Martín; e Antonio Lema, Director na Área de Santiago de Caixabank, principal patrocinador do CGAB. Entre todos arrouparon aos novos integrantes deste proxecto, unha iniciativa pioneira na formación arbitral a nivel nacional. 

20181026175442 IMG 2839

O broche a esta presentación veu da man da presenza na mesma dos xogadores de Obradoiro CAB, Ben Simons e Martins Laksa. Ambos compartiron cos novos colexiados as súas impresións sobre o que representa a figura do colexiado e a súa relación cos outros actores do Baloncesto. Verbas como "respeto "e "confianza" polo traballo duns e doutros redondearon este punto de partida dun curso que afrontará a súa vindeira cita xa no mes de novembro. 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.