Deporte Galego

Formación ACB para os oficiais de mesa CGAB

  • 20 Setembro 2018 |

Co gallo da celebración en Compostela este venres e sábado, 21 e 22 de setembro; da Supercopa Endesa, e con obxectivo formativo, os responsables de arbitraxe da Liga ENDESA reuníronse na tarde do xoves na capital galega cos oficiais de mesa CGAB adscritos á maxima categoría do baloncesto nacional.

Na tarde deste xoves, o Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez Pérez; e un total de 15 oficiais de mesa reciben a visita do Director de Arbitraxe ACB, Francisco Monjas; e de Xavier Tórrido, membro desta mesma área de arbitraxe ACB.

Guiados por estes dúas auténticas referencias no campo da arbitraxe, os oficiais de mesa galegos, acompañados tamén polos Coordinadores Técnicos ACB en Lugo e Santiago, Alejandro Alcalde e Esteban Iglesias, respectivamente; traballaron aspectos directamente relacionados coa nova acta dixital, situacións específicas específicas de Instant Replay System e novas regras.

Esta colaboración entre os departamentos de arbitraxe da ACB e da Federación Galega de Baloncesto supón un paso máis na programación formativa que dende o inicio desta temporada 2018 - 2019 están a recibir os oficiais e colexiados CGAB.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka