Deporte Galego

O Clínic de Pretemporada CGAB abre o ciclo 2018 - 2019

  • 30 Agosto 2018 |

Estrea da temporada 2018 – 2019 da man do Comité Galego de Árbitros. O CGAB celebra esta fin de semana o seu Clínic de apertura, actividade imprescindible en cada inicio dun novo ciclo competitivo.

Na localidade de Marín, este sábado e domingo, 1 e 2 de setembro; reuniranse os colexiados galegos e oficiais de mesa de categorías ACB, FEB, CGAB Grupo 1, Sub23 e ESGAR (17-18), para establecer as bases de traballo e formación da nova temporada que comeza, así como para levar a cabo as correspondentes probas físicas e téoricas.

Baixo un programa completo, que contará ademáis coa presenza de convidados externos ao Comité que sumarán contido didáctico de calidade a este clínic, a carga de acción que afrontarán todos os colexiados citados resolverase do seguinte xeito:

CLÍNIC PRETEMPORADA CGAB - COLEXIADOS

01/09/18

(16:15 h - 16:30 h) Presentación.

(16:30 h -17:15 h) Revisión Informes.

(17:15 h - 18:00 h) Novas Regras.

(18:00 h - 18:15 h) Descanso.

(18:15 h - 19:15 h) Charla Formativa Adestrador: Gonzalo García de Vitoria (adestrador Rio Ourense Termal)

(19:15 h - 19:30 h) Descanso.

(19:30 h - 20:45 h) Paso cero e Técnica Individual,

(20:45 h - 21:45 h) Cea.

(21:45 h -23:00 h) Dinámica de Grupo (Perspectiva Psicolóxica).

02/09/18 

08:00-08:45 Almorzo.

08:45-09:45 Probas Físicas.

10:15-10:45 Dinámicas de Control de Partido(a cargo do Director Técnico CGAB: Miguel Ángel Pérez).

10:45-11:30 Test de Regras.

11:30-12:00 Descanso.

12:00-13:30 Liña Arbitraxe FEB CAP. I (a cargo do Director Técnico Arbitral da FEB;  Xabier Amorós).

13:30-14:30 Xantar.

16:00-17:30 Liña Arbitraxe FEB CAP. II (a cargo do Director Técnico Arbitral da FEB; Xabier Amorós).

17:30-17:45 Conclusións (a cargo do Director Técnico CGAB; Miguel Ángel Pérez).

17:45-18:15 Foto de Grupo.

18:15-18:30 Clausura.

CLÍNIC PRETEMPORADA CGAB - OFICIAIS DE MESA

02/09/18 

(10:30 h - 10:45 h) Benvida e presentación.

(10:45 h - 11:30 h) Novas regras.

(11:30 h - 12:15 h) Revisión situacións de vídeo.

(12:15 h - 13:30 h) Unificación de criterios i.

(13:30 h - 14:30 h) Xantar.

(15:00 h - 15:30 h) Test de reglas.

(15:30 h - 16:45 h) Unificación de criterios ii.

(16:45 h - 17:00 h) Descanso.

(17:00 h - 17:45 h) Protocolos de comunicación.

(17:45 h - 18:15 h) Foto Final

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka