Formación arbitral en iniciación: convocatoria presencial en Pontevedra

Martes, 03 Abril 2018 16:48

O Comité Galego de Árbitros activa a convocatoria inmediata dun novo curso de carácter presencial para a formación en iniciación arbitral con sede, neste caso, na cidade de Pontevedra.

Formación arbitral en iniciación: convocatoria presencial en Pontevedra (Foto: FEB/Agencia LOF)

Marcado para comezar o vindeiro luns, nove de abril; esta nova oportunidade formativa está orientada a todas aquelas persoas vinculadas aos clubs da zona, comprendendo neste caso á Delegación Zonal FGB en Arousa.

As instalacións da Sala de Exposicións da Casa das Campás – Sede do Vicerreitorado do Campus de Pontevedra acollerán a carga lectiva teórica deste curso, impartida por colexiados de categorías FEB e Autonómica e repartida no calendario do seguinte xeito:

09/04/18 (19:30 h -21:30 h) Presentación. Acta de Xogo.

10/04/18 (19:30 h -21:30 h) Regras de Xogo (I).

11/04/18 (19:30 h -21:30 h) Regras de Xogo (II).

12/04/18 (19:30 h -21:30 h) Introdución a Plataforma de xestión arbitral. Práctica de Acta.

16/04/18. (Pavillón Universitario) (16.00 h – 18.00 h) Parte Práctica.

Todos os interesados en inscribirse ou solicitar información poden facelo vía mail Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ata o domingo, oito de abril. O acceso ao curso e a propia participación serán completamente gratuítas.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.