Deporte Galego

X Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

  • 12 Marzo 2018 |

O Comité Galego de Árbitros activa a décima e derradeira convocatoria da temporada para a formación online en iniciación dirixida a novos árbitros e oficiais de mesa.

A Programación 2017 - 2018 dos Cursos “On Line” CGAB pecháse con esta última oportunidade, posta en marcha de xeito paralelo aos cursos prensenciais que se están a realizar por toda Galicia.

Marcado para iniciarse o vindeiro 2 de abril, e con continuidade os días 3, 4, 5, 6, 9, 10 e 11 dese mesmo mes, o Comité Galego de Árbitros impartirá este 10º curso a través da Plataforma Online FGB, ofrecendo no transcurso do mesmo unha programación de carácter teórico que afondandará nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo,acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación e mecánica arbitral.

Inscrición e requisitos

O prazo de inscrición desta convocatoria permanecerá aberto ata o vindeiro 28 de marzo, sendo obrigatorio para tramitar a mesma seguir estes pasos:

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“Caixabank”).

2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar dentro da mesma a subscrición no "10ª curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa".

A dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. permanecerá aberta para dúbidas en consultas respecto a este proceso.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka