Deporte Galego

Stage de Nadal no Comité Galego de Árbitros

  • 27 Decembro 2017 |

O Comité Galego de Árbitros despide este ano 2017 coa celebración do seu “Clínic de Nadal”, cita habitual no ecuador de cada temporada deportiva. Os árbitros autonómicos do Grupo 1 CGAB e Grupo Sub 23 reuniranse este xoves, 28 de decembro; nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en Santiago de Compostela; baixo a tutela do Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez Pérez; e o Coordinador Autonómico deste colectivo, Fran Guillamet.

Todos os colexiados citados a comparecer nesta convocatoria serán partícipes do seguinte programa, que se levará a cabo en horario de tarde e que contará tamén coa colaboración na súa execución dos coordinadores arbitrais das diferentes Delegacións zonais FGB:

Programación Stage Nadal – 28/12/17

(18.15 h) Incorporación.

(18.30 h) Revisión de Criterios.

(19.45 h) Test de Regras.

(20.15 h) Probas Físicas.

(21.30 h) Fin da actividade.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka