Formación arbitral en iniciación: convocatoria presencial en Lugo

Xoves, 09 Novembro 2017 17:59

O Comité Galego de Árbitros, a través da Delegación zonal FGB en Lugo, promove a celebración dun curso de iniciación de carácter presencial, a celebrar na propia cidade da Muralla, os vindeiros días 27, 28, 29 e 30 de novembro, e 4 de decembro, contando como sede coas instalacións da Casa do Deporte Lucense.

A participación nesta convocatoria será aberta e completamente de balde para todas aquelas persoas vinculadas aos clubs da provincia de Lugo que desexen participar, facéndoo previo envío dun email solicitando a súa inscrición, antes do 24 de novembro; a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. .

O programa lectivo a levar a cabo neste formato presencial estará comandado por colexiados de categoría ACB e FEB, como profesores; e comprenderá un total de 5 días de aulas, sendo un deles eminentemente práctico. Os mesmos, repartiranse do seguinte xeito:

27/11/17

(19:00 h - 19:30 h) Presentación Funcionamiento do Comité; A figura do Árbitro/Oficial en formación.

(19:30 h - 20:00 h) Os Equipos; O árbitro e os Oficiais, e as súas funcións.

(20:00 h - 21:00 h) Introdución ás Regras de xogo.

28/11/17

(19:00 h - 20:00 h) Introdución á labor dos Oficiais de Mesa.

(20:00 h - 21:00 h) Acta, reloxo de posesión e de partido.

29/11/17

(19:00 h - 21:00 h) Violacións e Faltas.

30/11/17

(19:00 h - 20:00 h) Mecánica Arbitral.

(20:00 h – 21:00 h) Criterio (Visualización de xogadas).

4/12/17

(20:00 h – 22:00 h) Prácticas.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.