Deporte Galego

III Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

  • 25 Setembro 2017 |

O Comité Galego de Árbitros abre prazo de inscrición para a terceira convocatoria da temporada da formación online para a iniciación no mundo da arbitraxe.

Programación completa - Cursos “On Line” CGAB 2017 - 2018

Marcado para iniciarse o vindeiro 2 de outubro, e con continuidade os días 3, 4, 5, 6, 9, 10 e 11 dese mesmo mes, a través da plataforma online FGB o Comité Galego de Árbitros proporcionará con este curso a posibilidade de instruirse, en base a unha programación teórico práctica, nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.

O prazo de inscrición para esta 3º convocatoria da temporada permanecerá aberto ata o vindeiro un de outubro, data ata a cal se poden tramitar os pasos obrigatorios a seguir para completar o proceso:

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).

2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no "2º Curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa- 3ª edición Setembro 2017".

Programación completa - Cursos “On Line” CGAB 2017 - 2018

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka