Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa 2017 - 2018

Martes, 01 Agosto 2017 09:12

O Comité Galego de Árbitros abre o ciclo formativo online para a temporada 2017 – 2018. Un total de nove convocatorias para o Curso de iniciación protagonizarán este ano a súa faceta didáctica, iniciando o primeiro deles o vindeiro mes de setembro.

O Comité Galego de Árbitros activa a primeira convocatoria dos seus Cursos “On line” de iniciación 2017 – 2018. O departamento formativo do CGAB levará a cabo o seu primeiro curso da temporada o vindeiro mes de setembro a través do “Campus On Line FGB”.

Proporcionando unha dinámica axil para instruirse nos coñecementos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa, o CGAB permitirá aos alumnos coñecer ao detalle conceptos base como: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.

A marxe de celebración deste primeiro ciclo didáctico comprenderá os días 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12 e 13 de setembro, materilizando nos mesmos unha programación teórica e práctica que se pode consultar xa na propia plataforma on line FGB.

O prazo de inscrición para esta convocatoria inicial de setembro permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de agosto, data ata a cal se deben formalizar os pasos a seguir para completar o seguinte proceso:

1. Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).

2. Enviar de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. especificando datos persoais do alumno.

3. Realizar a inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no “Curso de Iniciación Árbitros e Oficiais de Mesa – Setembro 2017".

Programación completa - Cursos “On Line” CGAB 2017 - 2018
As persoas interesadas en iniciarse no mundo da arbitraxe terán na presente temporada, ademáis da primeira convocatoria mencionada, oito oportunidades máis, distribuídas, cos memos condicionantes; nas seguintes datas;

Setembro 2017: 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12 e 13.

Setembro 2017: 18, 19, 20, 21, 22, 25, 26 e 27.

Outubro 2017: 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10 e 11.

Outubro 2017: 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26 e 27.

Novembro 2017: 6, 7, 8, 9, 10, 13, 14 e 15.

Novembro 2017: 20, 21, 22, 23, 24, 27, 28 e 29.

Decembro 2017: 11, 12, 13, 14, 15, 18, 19 e 20.

Xaneiro 2018: 8, 9, 10, 11, 12, 15, 16 e 17.

Xaneiro 2018: 22, 23, 24, 25, 26, 29, 30 e 31.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 

Colaboradores FGB

Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.