Deporte Galego

Experiencia FIBA e Ascenso a Grupo 1 FEB para a colexiada Paula Lema

  • 07 Xullo 2017 |
Paula Lema coas instrutoras no FIBA European Women´s Basketball Summit
Paula Lema coas instrutoras no FIBA European Women´s Basketball Summit

A colexiada galega Paula Lema participa estes días na 11º edición do FIBA EUROPEAN WOMEN’S BASKETBALL SUMMIT, campus creado en 2007 no que se reúnen xogadoras, adestradoras e árbitras con notable proxección.

A presenza de Paula Lema nesta actividade, que se celebra dende o 2 de xullo e ata este sábado 8 en Postojna (Eslovenia), ven a referendar a súa boa última temporada, rubricada esta co seu recente salto a Grupo 1 FEB, categoría na que permanecía vinculada e na que estará de pleno dereito no ciclo competitivo 2017 - 2018, converténdose na primeira muller que chega á máxima categoría FEB en Galicia.

Esta boa nova do seu ascenso chega coa colexiada coruñesa inmersa de cheo na citada experiencia FIBA, todo un reto que a propia Paula define con entusiasmo: “A experiencia está resultando moi positiva. Primeiro polos coñecementos que estou adquirindo, pero, sobre todo, por ter o privilexio de formar parte deste grupo humano de compañeiras, organizadoras, e monitoras, e poder compartir anécdotas e vivencias tanto dentro como fóra da pista”.

Da man das instrutoras FIBA Chantal Julien e Kati Nynas, e de titoras como Jasmina Yuras y Dubravka Martinović, o día a día de Paula e das súas compañeiras neste FIBA EUROPEAN WOMEN’S BASKETBALL SUMMIT inclúe preparación física, formación teórica e audiovisual e intenso traballo en pista. Un conglomerado de actividades ao máis alto nivel, que a colexiada CGAB recoñece como único: “Quixera destacar a sorte que teño por esta oportunidade e polo que me está a dar a arbitraxe, porque sen este "hobby" no tería coñecido a xente tan maravillosa, nin visitado lugares con tanto encanto”.

A estancia de Paula Lema en Eslovenia rematará este sábado, 8 de xullo; data para regresar a Galicia e comezar xa a pensar na futura temporada no Grupo 1 FEB. Outro novo e importante obxectivo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka