Deporte Galego

O CGAB ímplicase no XIV Memorial Miguel Ángel González Estévez

  • 05 Abril 2017 |
O XIV Memorial Miguel Ángel González Estévez presentouse este mércores
O XIV Memorial Miguel Ángel González Estévez presentouse este mércores

O Comité Galego de Árbitros colabora activamente na celebración da xa tradicional cita de semana Santa que organiza cada temporada A.D. Cortegada.

Na edición deste ano, a disputar os vindeiros días 7, 8 e 9 de abril coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, entre outras institucións; o CGAB estará representado a través de 18 colexiados que, no marco do Memorial, realizarán unha concentración de avaliación, mellora técnica e imprescindible convivencia.

Os árbitros convocados, na súa maioría do Grupo Sub 23 CGAB; estarán acompañados por tres técnicos que supervisarán o traballo dos designados nos encontros que protagonizarán os 22 equipos convidados, 11 en categoría masculina e 11 en feminina.

Promoción Arbitral
Esta colaboración entre Comité Galego de Árbitros e AD Cortegada súmase ademais á sinatura entre ambas as entidades do convenio de colaboración para a promoción da arbitraxe que a FGB activou nesta temporada 2016 2017 no ámbito dos clubs. 

IMG-20170405-WA0009

Este mesmo mércores, 5 de abril, o Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez; e o Vicepresidente do club, Jose A. Gorgoso; rubricaron este documento e expresaron a súa inquietude por empezar a traballar canto antes no obxectivo marcado no mesmo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka