Deporte Galego

VIII Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

  • 02 Marzo 2017 |

O Comité Galego de Árbitros abre prazo de inscrición para esta convocatoria formativa, a cal será a última no ámbito didáctico “on line” da presente temporada.

O Comité Galego de Árbitros activa neste mes de marzo a oitava convocatoria dos seus Cursos “On line” de iniciación 2016 – 2017. O departamento formativo do CGAB levará a cabo este novo curso entre os días 14 e 22 de marzo, proporcionando a todos os interesados unha dinámica axil e directa de instruirse nos coñecementos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa. 

A través do “Campus On Line FGB”, plataforma que xa rexistrou no que vai temporada un total de 163 aspirantes a colexiados, os novos alumnos poderán coñecer ao detalle conceptos base como: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.

O prazo de inscrición para esta convocatoria permanece aberto e estenderase ata o vindeiro 12 de marzo. Os pasos a seguir para completar dito proceso son:

1. Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 15 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).

2. Enviar de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. especificando datos persoais do alumno.

3. Realizar a inscrición na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no “Curso de Iniciación Árbitros e Oficiais de Mesa - marzo´ 17".

Indicar que este VIII Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais realizarase unicamente se o número de alumnos inscritos supera a cifra de 15.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka