Deporte Galego

Porriño, novo escenario para a campaña de promoción da arbitraxe CGAB

  • 01 Marzo 2017 |
Concello de Porriño, PBB e FGB, da man na promoción da arbitraxe
Concello de Porriño, PBB e FGB, da man na promoción da arbitraxe

Porriño Baloncesto Base e Concello de Porriño súmanse á campaña de promoción da arbitraxe que a Federación Galega de Baloncesto está a emprender de xeito activo neste inicio de 2017.

O Presidente FGB, Francisco Martín; e o Responsable de Relación cos clubs FGB en Vigo, José Luis Pérez; visitaron esta mañá a vila de Porriño e, xunto ao Concelleiro de Deportes da localidade, Manuel Carrera; e ao Presidente do Club Porriño Baloncesto Base, José Carlos Ruíz Juane; asinaron un convenio de colaboración entre as tres entidades que permitirá a materialización de actividades de fomento da arbitraxe a levar a cabo na propia localidade neste 2017.

Concello e club local, coa necesaria vinculación ao Comité Galego de Árbitros; emprenderán en breves datas tarefas de promoción da labor dos árbitros e oficiais de mesa, buscando achegar esta imprescindible área do baloncesto a novos aspirantes a formarse na mesma.

Este importante paso dado por Concello de Porriño e PBB únese ao camiño xa emprendido nesta mesma liña por máis clubs galegos como son Carmelitas Vedruna, Bosco Salesianos Ourense e ADM Peleteiro. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka