Deporte Galego

Designación CGAB para o Campionato de España de Seleccións Minibasket

  • 27 Febreiro 2017 |

O Comité Galego de Árbitros fai pública a designación dos colexiados que representarán a Galicia no Campionato de España de Seleccións de categoría Minibasket, cita que terá lugar en San Fernando (Cádiz) entre o 8 e 12 de abril.

Nesta edición 2017 da cita nacional serán Adrián Álvarez (Comité Zonal Vigo) e Daniel Rivas (Comité Zonal Arousa), ambos adscritos ao Grupo 1 do CGAB, os colexiados que formarán parte da expedición galega que viaxe a terras andaluzas para dar vida ao Campionato.

Tanto Adrián como Daniel debutarán deste xeito nunha Competición oficial FEB, dando así un importante paso na súa formación e desfrutando dunha oportunidade única de aprendizaxe, a cal compartirán ademais coas dúas seleccións autonómicas e co total de colexiados que tomen parte desta festa do Baloncesto Base. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka