Miguel Ángel Pérez e Carlos Cortés suman nova designación Copeira

Martes, 14 Febreiro 2017 10:44

Boas novas no marco da Copa do Rei 2017, competición que conta habitualmente con presenza galega no apartado arbitral. Na presente edición, a celebrar en Vitoria-Gasteiz (Fernando Buesa Arena) entre este xoves 16, e o sábado, 19 de febreiro; comparecerán o Director Técnico do CGAB e internacional FIBA, Miguel Ángel Pérez Pérez; e o tamén internacional Carlos Cortés.

 

Ambos figuran un ano máis na lista de colexiados designados para esta cita copeira, rexistrando no haber da súa traxectoria un total de 13 e 7 participacións, respectivamente. Xunto a eles, dez compañeiros completan o cadro arbitral para o torneo do KO: Francisco José Araña, Fernando Calatrava, Antonio Conde, Juan Carlos García, Daniel Hierrezuelo, Benjamín Jiménez, Sergio Manuel, José Antonio Martín Bertrán, Emilio Pérez Pizarro e Carlos Peruga.

Máis designacións no ámbito CGAB

A presenza galega nos torneos Copeiros non cesa con esta dobre designación. Unha semana despois, o tamén galego Jorge González Marqués, colexiado internacional de Baloncesto en Cadeira de Rodas e membro activo do Comité Galego de Árbitros; tomará parte do equipo que dirixa a Copa do Rei desta disciplina, no seu caso a celebrar en Oviedo os días 25 e 26 de febreiro.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.