A FGB e os clubs galegos unen forzas na promoción da arbitraxe

Martes, 07 Febreiro 2017 10:49

A Federación Galega de Baloncesto dá un paso máis na proxección da arbitraxe. A entidade federativa, a través do seu Comité de Árbitros, estrea un programa de captación activa de árbitros e oficiais de mesa a través dos clubs galegos.

A FGB e os clubs galegos unen forzas na promoción da arbitraxe Julio Feijoo e Miguel Ángel Pérez pechan o convenio FGB - Carmelitas (Foto: Carmelitas Vedruna)

Baixo acordos de colaboración mutua, a FGB e diferentes clubs da Comunidade porán en marcha este mecanismo de fomento da área de árbitros e oficiais para o baloncesto autonómico.

Os clubs Carmelitas Vedruna e Bosco Salesianos estrean este martes, sete de febreiro, esta campaña de promoción, asinando, en ambos caso, sendos convenios na busca de accións inminentes de traballo en prol da promoción da arbitraxe.

A rúbrica de ambos documentos celebrouse esta mañá na cidade das Burgas da man do secretario de Carmelitas Vedruna; Julio Feijoo; e, no caso da Agrupación Deportiva Bosco, por parte do seu Presidente, Mariano Castaño. A sinatura federativa materializouna por partida dobre o Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez.

20170207 114059

Mariano Castaño, Presidente da Agrupación Deportiva Bosco, sellando o acordo coa FGB

Esta paso dado na Delegación de Ourense contará tamén con réplicas e apoios noutras zonas de Galicia, nas que diferentes clubs manteñen xa conversas coa FGB para entrar de cheo a formar parte desta iniciativa.

Promoción, in situ
O Director Técnico do GACB e colexiado oficial FIBA, Miguel Ángel Pérez; aproveitou a súa visita este martes a Ourense para trasladar a promoción directamente, en persoa, a os alumnos e alumnas do Colexio Salesianos.

P1010564

Xunto a eles, e acompañado tamén polo colexiado ourensán Guillermo Ríos; afondou, en dúas sesións diferenciadas, na labor do árbitro e dos oficiais de mesa, dando a coñecer os principais alicientes e motivacións que rodean a este colectivo, imprescindible para o baloncesto e o Deporte.

 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto