VI Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa 2016 - 2017

Martes, 10 Xaneiro 2017 16:24

ABERTA A INSCRICIÓN para o VI Curso de Iniciación “ON LINE” para árbitros e oficiais de mesa da presente temporada, convocatoria didáctica que comezará o próximo 18 de xaneiro.

O Comité Galego de Árbitros activa a VI convocatoria do ciclo 2016 – 2017 para o seu Curso “On Line” de iniciación á formación como árbitros e oficiais de mesa. Todos os interesados e aspirantes a dar un novo paso nesta área do baloncesto poden facelo a través do Campus on line FGB nun novo curso que dará comezo o vindeiro 18 de xaneiro e se estenderá ata o día 27 deste mesmo mes.

A dinámica, requisitos e proceso a seguir para todos os alumnos detállase no apartado de información do Curso dentro da propia plataforma, a cal require inscrición previa, a tramitar antes do 16 de xaneiro (14:00 h).

Os pasos concretos e indispensables a seguir para formar parte deste VI Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa son:

1. Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 15 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (la Caixa).

2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición na plataforma online FGB e posterior inscrición no “Curso de Iniciación Árbitros e Oficiais de Mesa - Xaneiro 17".

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto