Deporte Galego

Stage de Nadal para os colexiados CGAB

  • 05 Xaneiro 2017 |

O Comité Galego de Árbitros abre 2017 coa celebración do seu xa tradicional Stage de media temporada, coñecido por todos como “Clínic de Nadal”. 
Esta xuntanza de todos os colexiados autonómicos do Grupo 1 CGAB e Grupo Sub 23 terá lugar este sábado, 7 de xaneiro, nas instalación do Colexio Manuel Peleterio e baixo a guía do Director Técnico do propio Comité Galego, Miguel Ángel Pérez Pérez.

Contando coa colaboración dos coordinadores arbitrais zonais, e con alta carga tecnolóxica, a edicióN 2017 desta stage de xaneiro cubrirá un programa que combina as imprescindibles probas físicas e teóricas, revisión de criterios e o apartado de convivencia.

O horario concreto que seguirán os colexiados citados será o seguinte:

(9:30 h) Probas físicas

(10:45 h) Test de regras

(11:15 h) Descanso

(11:30 h) Resumo informes

(12:00 h) Revisión de criterios

(12:45 h) Descanso

(13:00 h) Revisión de criterios

(13:45 h) Proba técnica

(14:45 h) Xantar

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka