Deporte Galego

Clínic arbitral de pretamporada 2016-17

  • 30 Agosto 2016 |

O Comité Galego de Árbitros convoca o seu Clínic de Pretemporada para os días 3 e 4 de setembro, aos colexiados galegos adscritos ao Grupo 1 FGB e Grupo Sub 23 FGB que comparecerán en Marín.

O Clínic de Pretemporada para os árbitros do grupo 1 FGB e Sub 23 celebrarase os días 3 e 4 de setembro nas instalacións da Residencia San Narciso de Marín. A axenda de actividade prevista reunirá a un total de 70 colexiados.


Así mesmo celebrarase o sábado un clínic paralelo para oficiais de mesa no que están convocados un representante por comité zonal, dirixido polo Comisario ACB, Alejandro Alcalde.


O peso organizativo e técnico do esquema de traballo ao que farán fronte os árbitros galegos correrá a cargo do seu Director Técnico, Miguel Ángel Pérez, que guiará as diferentes charlas e sesións, coa colaboración do adestrador Javier Llorente, (actual adestrador do Marín Peixegalego, recén ascendido a LEB Oro) e Fernando Rocha (Árbitro Internacional portugués, con experiencia en Campionatos do Mundo, Eurobasket, Final Four Euroleague...) e contaremos tamén coa presencia dos informadores.


Dentro do programa de actividades, está prevista unha reunión conxunta árbitros/adestradores onde se expoñerán as liñas básicas do criterio arbitral para a tempada en curso e que será o Domingo 4 ás 11 horas no salón de actos da Residencia San Narciso en Marín.


No documento que se achega remitimos a orde e horario dos diferentes puntos que tocará este Clínic.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka