Deporte Galego

CGAB: Tres colexiados galegos para o Grupo 1 FEB

  • 28 Xullo 2016 |

O Comité Galego de Árbitros contará con tres árbitros galegos no grupo 1 FEB, máximo status Federativo, na temporada 2016 - 2017. Os colexiados Adrián Iglesias e Guillermo Ríos ascenden a esta categoría, situación que se suma á continuidade na mesma de Daniel Pazos.

Este trío de representantes configura un gran novidade para a arbitraxe galega, situación que se completa, ademais, coa incorporación de Paula Lema como árbitro vinculada ao mesmo grupo 1. 

Deste xeito, no ciclo competitivo 2016 - 2017, un total de 4 árbitros CGAB poderán dirixir encontros de LEB Oro e Liga Feminina por primeira vez na historia destas competicións. A arbitraxe galega acada así un fito comparable ao número de equipos FGB neste ámbito.

Os cambios de índole positiva tamén se producen no Grupo 2 FEB, ao que se incorporan Laura Piñeiro e Martín Trasancos. A baixa galega vén unicamente da man de Luís Estévez, por retirada.

O Comité Galego de Árbitros, orgulloso de que estes colexiados teñan a oportunidade de seguir crecendo ao máis alto nivel, continúa a traballar na súa planificación formativa e técnica, iniciada cinco temporadas atrás.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka