Deporte Galego

Once colexiados galegos, rumbo aos Campionatos de España de Clubs

  • 18 Abril 2016 |

A última designación oficial FEB, relativa aos árbitros galegos adscritos as súas competicións de cara a súa participación nos campionatos de España de clubs, fai crecer a cifra inicial dos seis colexiados CGAB xa nomeados con anterioridade para esta cita.

Galicia achegará esta temporada aos nacionais de clubs a un total de 11 colexiados, cinco adscritos ás categorías FEB e seis compañeiros máis da dinámica CGAB. A nosa Comunidade queda así representada a gran nivel, confiando en que a partir do vindeiro mes de maio os colexiados elixidos afronten con plenas garantías este novo reto de alta esixencia competitiva e de grande valor para a súa progresión.

A relación completa dos 11 designados, así como o seu destino xeográfico e categoría correspondente, deixa este escenario:

XLV Campionato de España Júnior Masculino (Guadalajara, do 1 ao 7 de maio)

Adrián Iglesias Ambrosio (CGAB - FEB) Santiago de La Puerta (CGAB)

XVIII Campionato de España Cadete Masculino (Seu de Urgell, do 22 ao 28 de maio)

Roi Rilo Antelo (CGAB - FEB) e Javier A. Villar Gómez (CGAB)

XVIII Campionato de España Cadete Feminino: (Zaragoza, do 22 ao 28 de maio)

Paula Lema Parga (CGAB - FEB)

XXXVII Campionato de España Infantil Masculino: (Lugo e Sarria, do 12 ao 18 de xuño)

Jaime Álvarez (CGAB – FEB), Elio Clavería (CGAB) e Adrián Folgueiras (CGAB)

XXXII Campionato de España Infantil Femenino: (Porriño e Tui, do 12 ao 18 de xuño)

Manuel A. Seijo (CGAB – FEB) Laura Piñeiro (CGAB) e Martín Trasancos (CGAB)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka