Deporte Galego

Seis colexiados CGAB para os Campionatos de España de clubs

  • 31 Marzo 2016 |

2016 está a ser un bo ano para o papel dos Comité Galego de Árbitros nos Campionatos de España FEB. Tras a boa experiencia rexistrada polos seus dous representantes no Campionato de España de Seleccións Mini celebrado neste mesmo mes de marzo, o CGAB confía en repetir este grado de satisfacción nas vindeiras citas cos Campionatos de Clubs.

Para as mesmas, e mediante designación da Área Arbitral FEB, están chamados a participar seis colexiados CGAB, unha cifra que mantén alta a contribución e presenza FGB nos Campionatos de España nos seus diferentes formatos. Os árbitros nomeados para cada competición son:

XLV Campionato de España Júnior Masculino: Santiago de La Puerta
(Guadalajara, do 1 ao 7 de maio)

XVIII Campionato de España Cadete Masculino: Javier A. Villar Gómez
(Seu de Urgell, do 22 ao 28 de maio)

XXXVII Campionato de España Infantil Masculino: Elio Clavería e Adrián Folgueiras.
(Lugo e Sarria, do 12 ao 18 de xuño)

XXXII Campionato de España Infantil Femenino: Laura Piñeiro e Martín Trasancos.
(Porriño e Tui, do 12 ao 18 de xuño)

Estes campionatos serviranlles, á súa vez, como cursos de detección e perfeccionamento materializados a través do Departamento Arbitral FEB.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka