Deporte Galego

A ESGAR traslada as aulas ao XIII Memorial Miguel Ángel González Estévez

  • 17 Marzo 2016 |

Chega unha nova edición do XIII Memorial Miguel Ángel González Estévez, a celebrar en Vilagarcía de Arousa (Pavillón FEXDEGA) esta mesma fin de semana: 18, 19 e 20 de marzo.

Un total de 20 equipos; 10 femininos e 10 masculinos, que se repartirán en 4 grupos, serán os protagonistas desta décimo terceira edición dunha cita que xa é tradición no basket galego e que contará coa especial participación do Comité Galego de Árbitros.

Serán 300 xogadores os que den vida a un XIII Torneo no que ademáis o Comité Galego de Árbitros estará presente a través dos alumnos da Escola Galega de Árbitros (ESGAR) e dos seus compañeiros pertencentes ao grupo SUB 23 CGAB.

En total, 16 colexiados rendabilizarán a súa participación neste Memorial Miguel Ángel González Estévez a través da realización dunha xornada técnica, na que á dirección dos encontros sumaráselle o traballo téorico guiado polos Responsables de Áreas Zonais CGAB e polo seu Coordinador Autonómico, Fran Guillamet.

Esta dinámica competitiva e de aprendizaxe para os colexiados estenderase durante a fase de grupos, que se xogará ao longo da tarde de venres 18 e sábado 19; e dando paso xa o domingo 20 de marzo ás distintas cruces clasificatorias e final.

XIII Memorial Miguel Ángel González Estévez: calendario e equipos participantes

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka